Grupo para a coordinación e difusión de xperiencias non-capitalistas en Galiza
Debate en grupo > cuestións organizativas

cuestións organizativas

marta
hai 241 días

Ola!

estes dias estiven algo desconectada pero vexo que a cousa sigue e xa temos data para a próxima asemblea. 

Pola miña parte estiven estes días en Catalunya e falei un pouco con Enric sobre o noso segundo encontro e sobre todo estiven resolvendo algunhas dúbidas que eu tiña sobre como facer esa recopilación de información sobre proxectos na Galiza, e pensei que era ben aproveitar a oportunidade para ver o exemplo de como eles fan alí. Despois diso xa teño unha idea de como comezar. O que me gustaría saber e si vos parece ben que comecemos xa ou ben agardamos a seguinte asemblea (iso non me quedou moi claro na última asemblea). Creo que igual estaría ben quedar coa xente por proximidade, por exemplo dos que estamos en Santiago e queremos facer este traballo de recopilación non sei se poderiamos reunirnos e ver como poñer esta información, como organizala, resolver dúbidas informáticas iniciais...Para min seria máis fácil traballar así, polo menos no inicio.

 Eu non controlo do tema informático, pero creo que o tema da lista a propoñía Enric como un complemento, que non quita de usar a sementeira

sobre o tema de ser unha delegación ou non da páxina de sen capitalismo, para min non ten moita importancia, xa que penso que o importante é estar en contacto e que a xente poda atopar a información. De feito o que si fixemos en poñer a dirección da sementeira na paxina de sincapitalismo, para que calquera que entre por alí poda atopar a información. 

e para rematar comentarvos que estiven un dia das xornadas que se fixeron en Catalunya sobre unha moeda social e que posiblemente esta información pode interesarvos, sobre todo a ti Manuel (que estabas co tema do Galeuro)

Perdoade as faltas e incorreccións, aínda estou en prácticas co galego :-)

lucia
hai 240 días

Ola,

quen quera in recopilando información o pode facer xa, se hai persoas que prefiren reunirse pois adiante.

Marta xa respostei a Enric que de momento utilizamos sementeira, o da lista xa iremos vendo.

marta
hai 216 días

Ola;

Tal como vos dixen, empezamos a quedar co outro compañeiro en Compostela para o tema de recopilar información e repartir un pouco o traballo e resolver dúbidas. Imos quedar o próximo Luns 22 para continuar coa labor e tamén pensar o correo q enviariamos aos proxectos activos na Galiza para porse en contacto con eles para ver se queren participar da plataforma en rede. Estamos pensando en quedar por exemplo na Gentalha do Pichel sobre as 20h, se alguén se anima a vir e non lle vai ben o horario, a data, o lugar, facede unha proposta. Iremos informando aquí do que fagamos

 

Saúdos

miguelsalass
hai 215 días

ola a tod*s, xa por fin tou no ghrupo! aghradesedo a martinha por orientar as dificultades virtuais. vémonos o 22!?

beixinhos