A 1ª Asemblea no C.S. Atreu(Coruña):
Na 1ª asemblea falamos sobre os diferentes colectivos e proxectos nos que participamos ou que coñecemos. Proxectos que ofrezan alternativas ao capitalismo (Cooperativas de Consumo, Universidades populares, escolas libres, centros sociais, moedas alternativas, tendas de troco, cousatecas...)
E sorprendeunos a cantidade de cousas que se están a facer. Iniciativas que ás veces están próximas e non sabían as unhas das outras... un auténtico minifundismo asociativo!
Tratamos diferentes puntos:
-soberanía alimentaria
-vivenda
-economía alternativa
-enerxía
-Educación
-Outros
Por este motivo nace SEN CAPITALISMO, un grupo de persoas coa vontade de formar unha plataforma que cubra os seguintes obxetivos:
-poñer en contacto colectivos, grupos e persoas para traballar en rede nas alternativas que existen na Galiza.
-Informar sobre a situación actual e as alternativas que existen tanto na Galiza como noutros territorios
-invitar a colectivos, grupos e calquera persoa que estea interesada en traballar connosco
política, anticapitalismo, autoxestión
Última actualización de hai 270 días feita por casdeiro
