Para cando a 2ª Asemblea?
O día 19 de Decembro ás 14 horas na Casa Encantada (Parque do Monte da Almáciga – Compostela)
xuntámonos de novo, para comezar a organizarnos nesta dirección.
Estades todas convidadas, participade connosco, ¡entre todas podemos vivir sen capitalismo!
política, anticapitalismo, autoxestión
Última actualización de hai 270 días feita por casdeiro
Olá compas,
desculpas; nom puidem asistir por estar fora do pais. Penso que finalmente ninguem do atreu! puido faze-lo tampouco. Em quanto poidades enviar infos sobre o falado serám bem recevidas...
apertas,
tone
tone hai 262 días
II asemblea, Casa Encantada (actualmente desaloxada e tapiada), Compostela, 19 de decembro. Participan da mesma ao redor dunhas 14 persoas.
Falase de utilizar sementeira.org para comunicarnos. Estaría ben enviar a tódolos contactos unha pequena explicación de cómo se usa e instando a que se rexistren na mesma.
Respecto ao tema de ser unha "especie de delegación" de Sin Capitalismo en Galiza prefírese a autonomía. Coordinar ou poñer en contacto a xente sen ter especial protagonismo no proceso.
A definición que sae desta xuntanza respecto aos proxectos que deben ser recopilados e difundidos é: "proxectos que propoñen e experimentan un modelo fora do sistema capitalista".
Constátase nesta reunión dúas inquietudes: dunha banda hai xente interesada en recopilar información sobre os proxectos activos na Galiza e en porse en contacto con el*s para ver se queren participar da plataforma en rede (aglutinadora e altofalante) e por outro lado vese a necesidade de facer encontros periódicos sobre temas concretos (vivenda, educación, alimentación, traballo, etc.) onde reunir e coñecer a maioría de persoas que estean a traballar no tema en cuestión.
próxima xuntanza 27 de febreiro ás 12.00 horas na Cova dos ratos (aínda está sen confirmar o espazo), Vigo.
para o mes de abril: encontro sobre VIVENDA (okupación, cooperativas de vivenda, bioconstrucción, etc.) na cidade de Ourense.
lucia hai 248 días
Grazas pola crónica, Lucía. A pequena explicación sobre como se usa penso que a poderemos redactar e aproveitaremos para enviárllela tamén a outra xente. Alédame que vos pareza útil, agora a ver se lle damos pulo entre todos porque Sementeira debe ser dos seus usuarios, claro.
Penso que da túa mensaxe se derivan interesantes temas para o foro de debate. Vounos pasar alí.
casdeiro hai 248 días

casdeiro
Perfil
Amizades
Amigos/as de
Páxinas
Blogue
Espero poder asistir... non o saberei ata o último momento. Coido que para as 14 h imposible... pero hei tentar estar para cando rematedes de xantar.
casdeiro hai 266 días